Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela volve a celebrar o certame de Rondallas e Ranchos de Reis

rondallas e ranchos de reis

Concello de Redondela recupera o certame de Rondallas e Ranchos de Reis para o que destinan 3.000 euros en premios. As 5 agrupacións presentadas este ano comezarán o percorrido ás 10:30 horas na rúa Pai Crespo, continuando pola rúa Alfonso XII e rúa Ribeira. Ademais de ser un día de troula e celebración, tamén coincide coa tradicional Feira de Reis que corresponde coa primeira feira do ano e que soe ser das máis concorridas.

O ano pasado a elevada incidencia de casos Covid obligou ao goberno local a suspender a cita. A concelleira de Cultura explicaba, Iria Vilaboa, que se trata dunha cita “que congrega moito público”, e malia celebrarse ao aire libre desde o Concello decidiron suspender esta actividade “para evitar aglomeracións”.

As 5 agrupacións presentadas este ano son de distintos municipios da provincia e comezarán o percorrido ás 10:30 horas na rúa Pai Crespo, continuando pola rúa Alfonso XII e rúa Ribeira. Para poder optar aos premios é imprescindible que as Rondallas ou Ranchos de Reis actúen como mínimo, unha vez, diante do Concello e interpreten 5 temas do seu repertorio.

O Concello destina un orzamento de 3.000 euros para premios concedendo 500 euros a cada unha das formacións que se presenten ata o total do orzamento previsto. No caso de superar este, será repartido proporcionalmente entre as agrupacións participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará