Hoxe é Xoves 16 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon coto á expansión da avespa velutina

velutina

A presenza de avespa asiática en Redondela reduciuse notablemente neste 2022 grazas principalmente ao intenso trampeo desenvolvido dende o SEIS, o Servizo de extinción de incendios e salvamento do noso concello. Unhas trampas que lograron capturar 350 raíñas o que supuxo que unha cantidade semellante de niños non foran adiante. Estiman que foron ao redor dun 50% o descenso no número de niños contabilizados este ano respecto o ano anterior.

Aarón Fernández explica que grazas as actividades de divulgación realizadas dende a Concellería de Medio Ambiente e a ese trampeo realizado directamente traduciuse en resultados moi positivos malia térense neutralizado un cento de niños

As trampas ecolóxicas feitas con dúas botellas de plástico e un atraínte caseiro elaborado con 200 gramos de azucre, medio litro de auga e 5 gramos de levadura foron decisivas á hora de diminuír o número de niños. Unha fórmula moi eficaz porque atraen a estes animais que quedan así atrapados e se evita que formen un novo niño o que suporía a expansión dunha especie que é moi prexudicial para o medio ambiente, sobre todo pola ameaza que supón para as abellas e outras insectos.

Un trampeo selectivo que “hai que facer entre febreiro e maio e sempre cando teñamos detectado a existencia deste tipo de avespas”. Insiste Jonathan Martínez en que facelo noutras épocas é prexudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará