Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Nadal do Conservatorio no Multiúsos da Xunqueira

concierto

O Conservatorio Profesional de Música de Redondela celebra este xoves 22, ás 19:00 horas, o seu tradicional concerto de Nadal. Un concerto que contará coa participación do ensemble de clarinetes, o coro de Grao Profesional, conxunto de corda e a banda de música do centro. Entre o repertorio elixido poderanse escoitar obras como “A máquina de escribir”, unha peza instrumental sinfónica composta por Leroy Anderson en 1950, na que para a interpretación do papel solista require precisamente dunha máquina de escribir .

Con todo, o máis destacado do festival será a selección de Zarzuelas e Panxoliñas cantadas por pais, nais e avós que subirán ao escenario xunto aos seus fillo e fillas.

Desde o Conservatorio Profesional de Música de Redondela convidan a toda Redondela a unirse a esta gran festa do Nadal cantando as panxoliñas, cuxas letras entregasen no programa de man, e deséxanlles unhas Felices Festas e  Prospero ano novo .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará