Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco xogará pola permanencia na segunda volta

318499943_483730713745702_374323868283778739_n

O primeiro equipo do CD Choco tómase unha semana de descanso durante o nadal, para comezar a segunda volta o día 8 de xaneiro contra o R Bouzas. Agora mesmo atópanse nunha posición complicada, sendo os últimos da clasificación e perigando a permanencia en Terceira División.

David Pérez, o novo adestrador do equipo en substitución de Juan Amoedo, foi elixido pola directiva para tratar de saldar a situación. O vigués chega do Portonovo, onde estaba como segundo adestrador e aínda que ten experiencia adestrando a diferentes equipos como o RC Deportivo, en categoría Xuvenil e a outros tantos en categorías base, está é a primeira vez que é responsable dun equipo sénior.

Pérez confía en que a súa experiencia como xogador, onde posúe unha larga traxectoria como futbolista,  permítalle empatizar cos membros do equipo e motivalos para seguir loitando, pois tense atopado outras veces en situacións similares.

Agradece a confianza que os xogadores están reflexando nel e ten claro que o principal obxectivo é manter a permanencia sumando puntos, sen importar a posición dos equipos contrarios.  O conxunto pontevedrés atópase agoramesmo na décimo sexta posición, empatado  a 9 co UD Paiosaco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará