Hoxe é Martes 30 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior critica a negativa dos populares a celebrar o pleno sobre a sanidade na Casa da Cultura

bng souto

O pleno extraordinario celebrarase finalmente na Casa do Concello tras decidilo así o goberno, “un espazo que non permite o acceso ao público dende a instalación do equipo para gravar as actas”.

O pleno, solicitado polos nacionalistas, terá lugar o día 19 ás 13:00 horas no salón de plenos tras rexeitaren os populares consensuar o horario e trasladar o debate a un espazo como a Casa da Cultura Rexina Míguez, co obxectivo de que a veciñanza puidese acudir a escoitar da voz dos seus representantes políticos que medidas se poñen enriba da mesa, ademais de para dar unha nova mostra de dignidade e transmitir o seu enfado e preocupación pola situación actual, na que teñen que esperar até 15 días para ter unha cita do centro de saúde, ou que non haxa pediatra no que queda de ano.

Para o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, “non por ser menos sorprendente deixa de ser indignante que o PP mostre novamente o pouco que gusta da democracia e da participación cidadá na vida política do Concello”.

Dende o BNG tamén lamentan que “convocando o pleno o último día que lle permite a lei, o 19 de decembro e ás 13h, o alcalde Agustín Reguera demostra o nulo interese e preocupación que ten ante a grave situación e risco que está a padecer a veciñanza de Soutomaior” e matizan que “con esta decisión, o alcalde decidiu poñerse do lado da Xunta e do seu partido e darlle as costas a Soutomaior e a súa veciñanza”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará