Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade oferta 180 prazas dentro do seu programa de Conciliación de Nadal

conciliación

As persoas interesadas en acceder a este servizo municipal, que se desenvolverá entre o 23 de decembro ata o 4 de xaneiro en horario de 9:00 a 14:00 horas, deberán facer a súa solicitude antes do 12 de decembro. A actividade desenvolverase nun total de seis parroquias así como no centro da vila e busca promover a conciliación da vida familiar e laboral das familias nas vacacións de Nadal ao tempo que achegar aos cativos un espazo lúdico alternativo nesas datas.

Os Campamentos de Conciliación do Nadal están dirixidos a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos e realizarán as súas actividades entre as 9 h e 14 h.

As actividades darán comezo o 23 de decembro e rematarán o 4 de xaneiro do 2023. As prazas de que dispón esta convocatoria, totalmente gratuíta, quedan distribuídas do seguinte xeito: CEIP de Cedeira, 15 prazas; CEIP Outeiro das Penas, 30 prazas; CEIP Plurilingüe Porto-Cabeiro, 15 prazas; CEIP Plurilingüe Quintela, 15 prazas; CEIP Plurilingüe de Reboreda, 15 prazas; Multiúsos de Chapela, 45 prazas e Conservatorio Municipal de música “Víctor Ureña”  45 prazas.

A documentación desta convocatoria poderase solicitar en formato papel no edificio municipal do Concello de Redondela ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM) ou descargarse da páxina web do Concello. Unha vez cubertos os impresos coa documentación que neles se solicita, deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ata o 12 de decembro, data na que remata o prazo de presentación de solicitudes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará