Hoxe é Luns 6 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lola Ballesteros e súa egua Rouni conseguen o Bronce no Campionato Galego de Salto

WhatsApp Image 2022-11-29 at 12.59.51

Lola Ballesteros é unha amazona de Redondela, que vén de gañar a medalla de bronce no Campionato Galego de Salto na categoría de Pony D. Este é o seu primeiro ano de competición despois de só dous de adestramento na escola Los Arroyos da man de Natalia Mejide.

A escola Los Arroyos comezou nas competicións fai 6 anos, con xinetes e amazonas con pouca experiencia en salto. Segundo Natalia Mejide,  a escola diferenciase pola filosofía a hora de adestrar, pois non se centran só na repetición dos circuítos co obxectivo único de gañar. Para  o seu equipo tamén é moi importante a saúde mental e física tanto do cabalo como do alumno ou alumna, polo que compaxinan a técnica con saídas ao campo e priorizan a relación do animal coa persoa.

A competición desenvolveuse en 3 días, con distintas probas nas que Lola a súa egua, Rouni de 1,42 metros tiñan que saltar valos dende 0.95 a 1 metro de altura. O primeiro día conseguiron unha puntuación perfecta, conseguindo chegar ao final con 0 puntoe. O segundo día, un erro por parte da federación ao medir a altura dos valos ,obligounos a saltar máis centímetros dos normativos na súa categoría. A pesar dos obstáculos, conseguiron pasar a final chegando a acadar a copa de bronce no campionato.

Para Lola a incidencia na competición foi unha forma de superarse a si mesma, a pesar de levar só  dous anos adestrando conta que “mantivo a calma e continuou o percorrido grazas a que coñece moi ben a súa egua”.

Los Arroyos, a pesar de ser unha escola “humilde”, consideran que grazas ao traballo e o esforzo conseguiron destacar en pouco tempo e competir contra cabalos de máis nivel tanto a nivel galego como nacional.

A próxima competición será en A Coruña, pero as datas aínda non están fixadas. No instagram @hipica_los_arroyos  e no facebook ‘Hípica Los Arroyos’ pódese atopar toda a información relevante sobre a escola, os adestramentos e os certames.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará