Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco destitúe ao seu adestrador, Juan Amoedo

juan amoedo

O Club Deportivo Choco informa da decisión da Xunta Directiva de destituír ao que foi o seu técnico nas dúas últimas tempadas, o adestrador Juan Amoedo. Á espera de incorporar un novo técnico anuncian tamén que ao fronte do equipo queda o actual adestrado do Xuvenil A, Hugo Álvarez.

O club quixo agradecer no seu comunicado “o traballo realizado por Juan Amoedo e o seu Corpo Técnico e, sobre todo, o seu sentimento cara o club e o escudo” desexándolle tamén “as mellores das sortes no seu futuro deportivo e persoal no que esperamos sexa unha longa e exitosa carreira”.

A destitución chega logo dos resultados colleitados polo equipo en Terceira división, tras sumar tan só sete puntos nas primeiras nove xornadas e atoparse en postos de descenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará