Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Comisión de Servizos Sociais reúnese este martes para estudar a modificación da Ordenanza de Emerxencia Social

pleno ss

Aseguran dende o partido popular que a reunión servirá para corrixir todos os puntos sinalados no informe de Intervención co obxecto de lograr así unanimidade nunha modificación da ordenanza que busca que máis familias que o precisen poidan acceder a estas axudas. A proposta presentada polo goberno local non fora aprobada no pleno ao non contar con maioría.

Os populares insisten en que a modificación que levara a pleno a concelleira de servizos sociais e que non saíu adiante ao votar en contra tanto PP como AER, non contou co apoio da maioría entre outras cuestións porque tal e como se presentaba “non conseguiría dar resposta a axilidade que precisan estas axudas”. “Finalmente o goberno socialista vese obrigado a rectificar e facer o que tería que ter feito dende o principio: consensuar a súa ordenanza” apunta a popular Sandra Bastos.

Para o Partido Popular “Digna Rivas e o seu socio Xoán Carlos González, portavoz do BNG, atrasaron, inxustificada e deliberadamente, a modificación desta ordenanza e fixérono antepondo o seu propio interese ao das persoas ás que as que hai que axudar”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará