Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ernestina Otero xa forma parte do rueiro de Pontevedra

ernestina-otero

A mestra redondelá, quen dende hai anos conta cunha rúa no centro da vila, pasou a formar parte tamén do rueiro de Pontevedra logo de que se lle dedicara un vial situado na zona da antiga Tafisa. O acto de nomeamento tivo lugar o pasada semana na cidade do Lérez nun recoñecemento conxunto a tres mulleres Dolores Trabado, Vasquida García e Ernestina Otero Sestelo.

Ernestina Otero da nome a rúa principal. Une José Malvar, coa que será futura conexión de Monte Porreiro polos Campos, e daralle nome á rúa na que -tamén no futuro- se construirá a facultade das Belas Artes. Un xeito de homenaxear e visibilizar a esta muller quen nacera en Redondela en 1890, trasladándose a Pontevedra a estudar maxisterio e posteriormente a Madrid a Escola de Estudos Superiores de Maxisterio.

A partir de 1915 ocupa a praza de Pedagoxía na Escola Normal de Pontevedra, da que será directora algún tempo durante a República. En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a favor do Estatuto de Autonomía.

Tras o golpe militar de 1936 foi suspendida de emprego e soldo e figurou na primeira listaxe de depuración, no que aparecían, entre outros, Castelao ou Osorio Tafall. Foron tres do sesenta profesores suspendidos nese primeiro momento, aos que se sumarían pouco despois as irmás de Ernestina Otero, Lola e Esperanza, mestras de primaria.

Finalizada a guerra, na que subsistiu impartindo clases particulares que lle permitían alimentar á familia e facer fronte ás multas que se lle impoñen, revisan o seu expediente e decídese repola na súa praza, aínda que é obrigada a trasladarse á Normal de Ourense. Non sería até 1951 cando se lle permite volver a Pontevedra e á súa Escola Normal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará