Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha muller ferida nun accidente na N-552 á altura de Bolero

accidente

O sinistro producíase ao redor das 8:20 horas e provocou retencións na estrada que comunica Redondela con Vigo. Axentes da policía local desprazáronse á zona para regular o tráfico e atender aos condutores dos vehículos, resultando ferida a condutora do Renaul Megane quen se queixaba do peito sobre todo a consecuencia do impacto do airbag.

Explican dende a Policía que o sinistro produciuse ao non respectar un condutor a sinal de stop que se atopa á altura da Sala Bolero. Por este motivo, o seu vehículo, un Opel Combo que se dirixía de Redondela a Vigo, impactaba frontolateralmente contra o outro turismo implicado no accidente, un Renault Megane, que se desprazaba cara a Pontevedra. Foi a condutora deste vehículo quen resultou ferida, unha veciña de Chapela de 49 anos de idade, sendo trasladada ao Centro de Saúde para a súa valoración.

Ademais dos axentes da Policía local interviron no accidente membros do Ges de Mos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará