Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Agustín Reguera optará á reelección á alcaldía de Soutomaior

reguera

O actual alcalde de Soutomaior tentará no 2023 revalidar o seu cargo logo de 22 anos na alcaldía. Reguera optará á reelección nas eleccións de maio. Así o anunciaba onte o candidato, nun encontro con varios representantes da xunta local, ao que asistiu o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e a secretaria xeral, Luisa Piñeiro.

Reguera, que é alcalde desde 1995, e desde entón sumou seis maiorías absolutas, agradece todo o apoio e a confianza dos seus compañeiros e dos veciños de Soutomaior, e amosouse “ilusionado como o primeiro día para seguir traballando por e para os meus veciños”. Nesta liña, comprometeuse a “continuar a pé de rúa e totalmente pegado ás necesidades e prioridades da cidadanía, para seguir acertando con políticas e servizos que melloren a súa calidade de vida. Ofrezo traballo, proximidade e o meu compromiso para seguir facendo de Soutomaior un gran concello para vivir”. Dixo que “temos proxectos importantes, un equipo unido, xente con experiencia e tamén novas incorporacións”.

Agustín Reguera, candidato do PP a alcaldía de Soutomaior

Nesta liña tamén se pronunciou o presidente provincial, Luis López, que recordou que a transformación de Soutomaior nos últimos anos “é incuestionable”, e puxo en valor que a xente está trasladándose doutros municipios a Soutomaior “porque elixen vivir aquí polos seus servizos e pola súa calidade de vida”. Polo tanto, continuou, “cando as cousas e os Gobernos funcionan, o máis sensato é non cambialas”. Nesta liña, sinalou que “as dificultades poñen de relieve que é importante contar con Gobernos estables e comprometidos como o de Agustín en Soutomaior. É unha garantía de crecemento e estabilidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará