Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo para se inscribir nos cursos de Novas Tecnoloxías en Chapela e Redondela

nuevas tecnologías

Os cursos comezan o 2 de novembro en horario de mañá e tarde e son totalmente de balde. As instancias para participar nos cursos teñen matrícula aberta ata o 26 de outubro. Redondela oferta 16 prazas por curso e Chapela 12 prazas, que serán asignadas pro rigorosa orde de inscrición.

As instancias para participar nos cursos, con matrícula aberta dende o 5 ao 26 de outubro, pódense recoller na páxina web de Redondela (www.redondela.gal), no Centro de Formación A Marisma (ao carón da piscina municipal) e no multiúsos da Xunqueira en Redondela. En Chapela pódense solicitar nas Dependencias dos Servizos Sociais.

A presentación de ditas solicitudes e a documentación precisa, farase nos rexistros habilitados no Concello de Redondela tendo en conta que a selección será por orde de inscrición. Posteriormente, ao alumnado con praza concedida se lle chamará por teléfono para confirmar a súa participación.

As formacións inclúen cursos de edición de vídeo, competencia dixitais, idiomas co ordenador,

 ofimática na nube, trámites en liña coa administración, tarefas de oficina, Alfabetización dixital e creación dun blog coa ferramenta blogger entre outros

Ademais os venres darase o servizo de Aula Aberta, onde calquera cidadán/á poderá achegarse ás aulas (un venres en Redondela, o seguinte en Chapela, e así sucesivamente) para poder facer calquera consulta e aprender a tramitar co concello, trámites na sede electrónica e talleres de informática para adultos (dúbidas, consultas de cidadáns e asociacións). O horario será de 09.30 a 13.30hs e 16.30 a 20.30hs.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará