Hoxe é Sábado 4 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CD Choco agasalla cunha vitoria á súa afección

choco

2-1 foi o resultado final dun partido no que se adiantaba o UD Ourense. O Choco lograba darlle a volta con dous goles de Comis.

Case un mes sen xogar en Santa Mariña e que mellor maneira de facelo que cunha vitoria. Tres puntos que se quedan na casa logo de remontar un resultado adverso xa que a UD Ourense, que se chegaba compartido o liderato da categoría, adiantábase cun tanto de José Perez que lograba traspasar a meta de Cortegoso cun tiro raso.

Un primer tempo que dominou a UD Ourense tal e como explicou o goleador do partido, Óscar Comis, “na primeira parte non estivemos ben, non tanto por nos como por eles que estiveron moi ben. Fómonos ao vestiario con malas sensacións”.

Na segunda metade, o Choco logrou facerse co partido, conseguindo Comis o tanto da igualada no minuto 51. A UD Ourense non se sentía cómoda no campo e apenas se aproximou a meta defendida por Cortegoso durante os primeiros minutos. Un segundo tanto tamén marcado por Comis no 72 sentenciaría o partido mais non sen sufrimento, sobre todo nos intres finais nos que o equipo ourensá buscaba a igualada. Se ben é certo que o CD Choco tivo ocasións para aumentar a distancia no luminoso.

Tres puntos que dan osíxeno aos de Juan Amoedo, que xa están a pensar na seguinte xornada na que visitan o Campo do Somozas. “Unha boa a vitoria máis temos unha sinatura pendente cos partidos a domicilio, pero estamos contentos; vamos a disfrutar os 3 puntos de hoxe e a partir de mañá a preparar o partido de Somozas”. Amoedo amosabase contento coa vitoria desta mañá, non só polo que significa senón por “darlla a afección que se achegou a Sta. Mariña porque sempre nos axuda moito”. Unha bancada que reflexaba unha boa entrada con siareiros dos dous equipos a pesar da desapacible mañá coa que amanecíamos.

Ficha técnica:

Club Deportivo Choco: David Cortegoso (p), Diogo, Yago Vázquez, Juanma Justo, Comis, Félix, Cora, Kopa, Eli, Adri, e Berni. Tamén xogaron Ube, Fran Monroy, Caramés e Anxo Vilas.

UD Ourense: Ramón Rodríguez (p), Pablo Álvarez, Álvaro Villarino, Alberto Novoa, Melo, Gabriel Sanín, Manuel Núñez, Raúl Gil, Iván Amalla, José Pérez, Victor Nieves. Tamén xogaron Antón, Javi Labrada e Jonatan.

Goles: 0-1 José Pérez (17’), 1-1 Comis (51’), 2-1 Comis (72’).

Os colexiados Daniel Estraviz, Diego Seoane e Sergio Castro amoestaron aos locais Elias, Ube, Diogo, Juanma Justo e Félix e aos visitantes Manuel Núñez, Raúl Gil, Pablo Álvarez eÁlvaro Villarino; todos eles con cartón amarelo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará