Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A inflación marca a volta ao cole

WhatsApp Image 2022-08-31 at 12.47.38

Segundo un estudo feito pola entidade financeira Cetelem, a volta ao cole este ano suporá para as familias galegas un desembolso medio de 272 euros. Isto é resultado da situación de crise e a inflación disparada que sobe os prezos en todos os ámbitos da vida e tamén no escolar. A costa de setembro é unha das máis complicadas, segundo o mesmo estudo seis de cada dez familias galegas vense afectadas e buscan fórmulas de aforro para amortecer o impacto.

Nas rúas de Redondela os pais e nais contan que onde ven maior subida de prezos é nos libros. Noelia ten un fillo en primaria e conta que “notou un ascenso de 80 euros no gasto deste ano”.

Laura ten fillos en primaria e bacharelato e busca alternativas como comprar de segunda man ou tratar de acceder dos bancos de libros dos centros. Pero esta ultima alternativa non sempre é doada, porque son limitados ou non se atopan aínda os novos exemplares impostos pola Lei Educativa LOMLOE.

Malia todo, na última semana as librerías están cheas e os libreiros redondeláns contan que a subida de prezos nótase, pero o nivel de vendas non descendeu.

Dosi, traballa nunha librería no centro de Redondela e explica que os prezos están marcados polas editoriais. Segundo el, a nova normativa ten a mesma tendencia que as demais e os prezos seguen a mesma liña de todos os anos.

A implantación da nova lei de educación en primeiro, terceiro e quinto de primaria e en primeiro e terceiro de secundaria require outras publicacións novas. Sen embargo, dende o punto de vista de algúns docentes o uso dos libros non é unha necesidade. Lucía, unha profesora de Pazos de Borbén ten claro que usar o libro é unha das moitas opcións que existen para traballar nas aulas.

Segundo Lucía o traballo por proxectos é unha alternativa viable que te permite crear o teu propio material e aforrar as familias os 300 euros de media que gastan todos os anos.

Estamos a unha semana de comezar o novo curso escolar e, moitos docentes, país e nais quéixanse  da falta de axudas e subvencións que lles permita facer fronte a este novo curso, sobre todo cando en moitas escolas mercar os libros é case unha imposición. O curso 2022/2023 vai a estar cheo de incertezas, pois estamos nun momento de cambio coa coñecida como Lei Celaá e o fin das restricións derivadas da pandemia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará