Hoxe é Luns 20 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os moteiros regresan á vila

Motos

O Campo da Feira en Redondela acolle este sábado, 27 de agosto, un evento especial para os amantes do motor, a VIII Xuntanza Moteira Vila dos Viadutos. O Moto Club de Redondela organiza este evento cheo de actividades durante todo o día, no que se poderá gozar de exhibicións, gastronomía e música.

As actividades da mañá celebraranse na contorna do Paseo do Pexegueiro. Ás 12:00 horas haberá sesión musical co Dj Francis e unha sesión vermut. Ás 13:00 horas poderase gozar de bocadillos quentes de xamón asado, lombo ou chouripán.

Pola tarde, unha vez rematado o mercado, as actividades trasladaranse ao Campo da Feira. Ás 17:00 horas terá lugar unha ruta pola comarca para volver unha hora despois. Ás 20:00 o piloto Acuko, un dos mellores expertos de acrobacias de Portugal, fará unha exhibición para todos os asistentes acompañado por Antonio Martínez, piloto de Fórmula Jedi MK6. Ás 22:30 horas terá lugar unha gran mexilloada, que será totalmente gratuíta. Para terminar, ás 00:00 horas haberá unha ruta nocturna, esta vez pola Praia de Cesantes. A festa continuará cunha nova sesión do Dj Francis a partir da 01:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará