Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Prohíbese a captura de mexillón en toda a Ría de Vigo, incluída Redondela

IMG_2793-900x480

As últimas analíticas practicadas polo Instituto Tecnolóxicos para o Control do Medio Mariño, detectaron a presenza de toxina en novos polígonos.  Tras os últimos peches de bateas decretados, xa está prohibido recoller mexillón no 80% dos viveiros que hai en Galicia.

Prohíbese a extracción de mexillón en todas as bateas da ría viguesa, incluídas aquelas que, despois do episodio tóxico anterior, empezaran a campaña extractiva hai apenas un mes. Á propagación do episodio tóxico inclúese a  combinación das toxinas paralizante (PSP), amnésica (ASP) e diarreica (DSP), xunto indicios dalgunha máis.

Onte pechaban os últimos polígonos que quedaban abertos que eran os de Redondela. Tamén pechaban o polígono de Portonovo na ría de Pontevedra, así como en Muros e en Sada. A única ría que non está pechada na súa totalidade é a de Arousa. Alí líbranse da toxina varios polígonos de bateas da Pobra, de Vilagarcía e de Cambados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará