Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela proclámase Campión de España na Liga de Traiñeiras

296471009_5152956694813424_1898195780744742724_n

Foto da Federación Española de Remo

O LXXV campionato de España disputouse na localidade asturiana de Castropol nunha fin de semana que destacou pola ausencia das tripulacións vascas. Durante a final do domingo o CR.Chapela-Wofco, proclamase Campión de España de Traiñeiras, sumando así unha vitoria máis a súa impecable traxectoria no mundo do remo.

Na Liga feminina  compléta o podio Cabo da Cruz e A Cabana, coa anfitrioa, Castropol, moi atrasada na cuarta praza. Chapela demostrou o seu liderado, mentres loita na Liga Galega polo primeiro posto detrás das de Boiro só por un punto. Nesta ocasión as de Chapela desmarcáronse de Cabo da Cruz por 20 segundos completando a proba cun rexistro de 24.38.27, mentres que as segundas clasificadas chegaron a meta cun tempo de  24.57.61. Dos tres segundos que separaban aos dous equipos na primeira ciaboga pasouse a dez na terceira e no último longo foi cando as de Boiro deixaron escapar calquera opción. O equipo ferrolán da Cabana finalizou en terceira posición con 27.07.83, pero xa desde o primeiro momento viuse que non ía ter opcións de máis.

No apartado masculino, o triunfo levouno Bueu cun rexistro de 21.48.93 fronte a Samertolaméu que quedou no segundo posto cunha marca de 21.54.87. Unha final masculina tamén moi axustada con 6 segundos de diferencia entre as embarcacións galegas. 

Os equipos vascos decidiron non deixar de lado o seu calendario dentro da liga autonómica para o campionato de España, polo que este ano destacou unha forte presenza de embarcacións galegas na final. Os dous equipos máis fortes das categorías masculina foron Bueu e Samertolaméu, xunto con Chapela e Cabo na feminina.

Clasificacións

Categoría masculina: 1. Bueu-Teccarsa, 21.48:93; 2.- Samertolaméu-Oversea, 21.54:87; 3.- Chapela-Wofco, 22.38:86; 4.- Castropol, 22.54:78.

Categoría feminina: 1. CR.Chapela-Wofco, 36.18:97; 2.- CR.Cabo Cruz, 36.32:63; 3.- Cabana-Ferrol, 37.07:83; 4.- C.M.Castropol, 37.38:17.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará