Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Lareira: “A sentenza que anula a miña expulsión do exército supón un precedente a favor da democracia”

markos lareira

O Supremo vén de anular a sanción e expulsión do exército deste veciño de Redondela. Concretamente a Sala do Militar estima o seu recurso contra unha sentencia que o expulsara do exército tras apoiar un Manifesto en contra do franquismo nas Forzas Armadas.

“Estou feliz, sobre todo porque esta sentenza supón un precedente a favor da liberdade de expresión e da democracia e vai favorecer a outros militares que tamén están a ser perseguidos pola súas declaracións”, así se manifesta o redondelán Marco Antonio Santos.

Presidente do Colectivo Republicano de Redondela, Marco Antonio Santos, máis coñecido como Markos Lareira, foi un dos poucos militares en activo que en agosto de 2018 asinou un manifesto en contra do ditador Francisco Franco. Un documento asinado por 35 persoas e que era resposta a un manifesto anterior no que militares retirados e en reserva amosaban o seu apoio a Franco.

Unha decisión que lle supuxo, nun primeiro momento, ser suspendido de funcións e posteriormente a súa expulsión definitiva das Forzas Armadas “por vulnerar o principio de neutralidade política” ao que se lle engadían outras dúas faltas por diferentes manifestacións públicas nos seus perfís nas redes sociais e no xornal dixital Eldiario.es.

Esta sentenza supón “a fin dun mini calvario” explica Santos. Descoñece como vai ser resarcido “iso será cousa dos avogados” a quen agradece que o tiveran defendido de xeito altruísta dende o primeiro momento.

Insiste en que o máis importante da sentenza é que causa xurisprudencia e supón un precedente que poderá beneficiar a outros militares que se enfronten a unha situación semellante.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará