Hoxe é Domingo 28 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Casa Paco conquista os títulos Sub-8 e Sub-10 no Vigo Cup de fútbol sala

casa paco

A XXI edición da Vigo Cup de fútbol sala disputada esta fin de semana deixa tres claros vencedores. O Cíos Vigo que se fixo merecedor de tres títulos, a Unión Deportiva Santa Mariña vencedores na categoría sub-6 e os xogadores do Casa Paco, que volveron amosar que en Redondela hai canteira facéndose con dous títulos

Na categoría de Sub8, o Casa Paco Rodavigo lograba a vitoria tras vencer na final ao Pecheches por 5-2, pecharon así dúas semanas de triunfos xa que o pasado domingo estes xogadores tamén formaron parte do grupo que gañou esta categoría en futbol7, baixo a dirección de Sergio Rebanal.

Por outra banda, o Casa Paco Recambios Ochoa lograba facerse co título en Sub10 tras derrotar por 3-2 ao Cíos Vigo, na que foi a única final perdida polo club vigués na xornada de onte. Nesta categoría un xogador do club de Redondela, Gerard Pérez, facíase ademais co título de mellor xogador.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará