Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novo ataque contra o monumento do Alto da Concheira

monumenot ataque

A inscrición da escultura, na que se podía ler “En lembranza dos homes e mulleres que defenderon a República. Concello de Redondela 2021” apareceu novamente tapada  con pintura negra, do mesmo xeito que acontecera hai un ano. O Colectivo Republicano denuncia este feito como “un novo ataque fascista o monumento do Alto da Concheira, en memoria dos paseados que entregaron a súa vida por defender a liberdade e a democracia deste país”.

O 14 de abril do pasado ano, co gallo do 90 aniversario da proclamación da II República, o Concello de Redondela inauguraba no Alto da Concheira un monumento conmemorativo. Un lugar elixido para esta escultura porque nas inmediacións foran asasinadas 21 persoas sobre o total de 42 que perderon a vida en diversos lugares do municipio, segundo os datos das asociacións de memoria.

Un monumento que nestes días volveu sufrir un ataque que, segundo explican dende o Colectivo Republicano “non se trata dun acto de vandalismo senón que asistimos día tras día a ese cheiro fétido de tempos pasados e escuros, de barbarie e sangue aos que algún noxentos nostálxicos nos queren facer retornar, coa complicidade de todos aqueles que miran para outro lado”.

Engaden que “estes fascistas cobardes, pretenden borrar o pasado con pintadas ou grafites e mesmo derrubando ou destruíndo este tipo de monumentos contra o esquecemento da nosa historia recente”.

Insisten ademais que “o antifascismo é unha loita continua pola memoria e contra a desmemoria e o esquecemento, polo tanto, lonxe de borrar e incluso negar o pasado, este tipo de ataques permiten que a historia das vítimas volva ser lembrada unha e outra vez”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará