Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco reforza o seu ataque coa incorporación de Samu Vilariño

choco samu

Procedente do Pontevedra B chega a Redondela con moitas ganas de facer as cousas ben baixo as ordes de Juan Amoedo. Súmase ao cadro de xogadores do Choco coa alegría de incorporarse a un equipo “que leva 10 anos en Terceira o que quere dicir que están a facer as cousas moi ben”.

Samu, sabendo a filosofía de xogo do CD Choco, recoñece que terá fácil adaptarse a el porque “son un xogador ao que lle gusta bastante el contacto co balón, e quizais sexa esta filosofía a que determinase que viñese para Redondela”. O dianteiro defínese “como un xogador con bó último pase e boa chegadas, e o que é máis importante con gol”.

Confía en aportar ao seu novo equipo “ademais dos aspectos técnicos – tácticos moita ilusión, ganas, sacrifico e entrega”. Aspectos todos eles que terá que demostrar durante toda a tempada. Unha tempada, da que espera “que sexa intensa polo curta que é. Chego con as ideas claras de alcanzar, en primeiro lugar o obxectivo da permanencia e unha vez conseguido mirar máis arriba”.

Con Samu xa son cinco as fichaxes que leva no seu haber o CD Choco

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará