Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recibiu máis de 900.000 euros en subvencións este ano

reguera souto

O rexedor da localidade, Agustín Reguera, en resposta ás críticas do BNG por ter perdido unha subvención para o arranxo e acondicionamento dos roteiros que discorren polo municipio, indicou que a subvención para esas rutas de sendeirismo “solicitouse o primeiro día pero o crédito esgotouse nos primeiros 5 minutos”.

Asegura reguera que o crédito ofertado esgotouse exactamente cando só transcorreran 5 minutos e 49 segundos tras a apertura do prazo e que foron un total de 279 concellos de toda galicia os que quedaron fora desa subvención que so cubriu as primeiras 34 solicitudes.

Do mesmo xeito, o alcalde lembrou ao portavoz nacionalista que os técnicos municipais traballan a diario para solicitar todas as subvencións posibles e que fano de forma notable. “Só no que vai de ano xa se conseguiron máis de 900.000 euros en subvencións. Iso sen contar os grandes investimentos comprometidos para o novo centro de saúde e a nova depuradora”. Engade Reguera que “criticar que non conseguimos 29.000 euros aos que só puido acceder o 10% dos Concellos demostra que os defectos que a oposición atopa neste goberno son escasos e case sempre froito da desinformación”.

Por último, Reguera lembrou que o proxecto de sinalización das rutas de sendeirismo realizouse igualmente con fondos propios municipais e afeou a actitude do representante nacionalista por achacar ao goberno local incidentes como a caída dunha senderista o ano pasado no barrio de Aranza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará