Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Absoluto Feminino de Chapela queda a 8 segundos da vitoria na Liga Galega de Traiñeiras

287214140_4996015983860306_8613461455143934545_n

O absoluto feminino do Club de Remo de Chapela consegue o segundo posto na Liga Galega de Traiñeiras celebrada esta fin de semana en augas de Sanxenxo. Unha competición moi axustada na que a embarcación redondelá loitou polo primeiro posto só detrás de CR Cabo da Cruz por 8 segundos.  

A” I Bandeira Ayuntamiento de Sanxenxo” é a primeira dun total de 34 regatas  que compoñen a Liga Galega de Traiñeiras que comezou esta fin de semana e rematará a finais de agosto. Este ano a competición conta cun récord de 616 deportistas participantes e está conformada por 12 equipos na categoría A: SD Tirán-Pereira, SD Samertolameu-Oversea, CM Bueu-Teccarsa, CR Cabo de Cruz, CR Mecos, CDM Meira, CR Puebla, CR Rianxo, CCD Cesantes-Rodavigo, CR Narón, CM Mugardos y CR Chapela-Wofco. Por outra banda, na liga B competirán un total de sete equipos como o CR Muros, CR Salgado-Perillo, CR Cedeira, CR Vila de Cangas, SD Samertolameu- Oversea B, Amegrove CR e CM Castropol.

Durante a entrega de trofeos estivo presente o vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo que destacou durante o acto a achega económica da Xunta a través dun convenio coa Asociación Liga Noroeste, organizadora da competición, que alcanza este ano os 115.000 euros.

RESULTADOS DA LIGA FEMININA

  1. CR CABO DA CRUZ FEM              
  2. CR CHAPELA – WOFCO FEM
  3. CM MUGARDOS – A CABANA FERROL FEM
  4. CR RIANXO FEM
  5. SD TIRÁN – PEREIRA FEM
  6. CRN RIVEIRA FEM
  7. CR SALGADO – PERILLO FEM
  8. CM CASTROPOL FEM
  9. CR PUEBLA FEM

RESULTADOS DA LIGA A

  1. CM BUEU – TECCARSA 
  2. SD SAMERTOLAMEU – OVERSESA
  3. SD TIRÁN – PEREIRA      
  4. CR CABO DA CRUZ         
  5. CR RIANXO       
  6. CDM MERA       
  7. CR NARÓN                        
  8. CR MECOS         
  9. CR CHAPELA – WOFCO                 
  10. CCD CESANTES – RODAVIGO                    
  11. CR PUEBLA        
  12. CM MUGARDOS

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará