Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Plataforma Encoro Non denuncia os prexuízos medioambientais de novas actuacións no Verdugo e no Oitavén

plataforma encoro non

 As pretensións de construír un novo encoro no Oitavén ou realizar transvasamentos de auga dende o Verdugo suporían graves atentados non só aos ríos e aos concellos que atravesan senón a propia ría e ao marisqueo, medio de vida de centros de familias. Así o explican dende a Plataforma Encoro non que aglutina a colectivos sociais, veciñais, medioambientais, comunidades de montes e Confraría na súa loita contra os proxectos da Confederación hidrográfica Miño Sil.

Esta Plataforma aposta por unha nova cultura da auga que prime un sistema eficiente e un uso racional e solidario da mesma en lugar de afrontar macroinfraestruturas custosas e medioambientalmente agresivas, como a construción dun novo encontro no Oitavén ou o transvasamento de auga dende o Verdugo.

Desde a Plataforma apóstase por alternativas que non supoñan unha nova agresións aos ríos que suporía ademais unha agresión radical a flora e fauna que habita nese entorno tal e como así o amosa un estudo elaborado por A Rente o Chan, onde se pon de manifesto a existencia nese entorno de animais e plantas que se verían seriamente ameazados de realizarse esa obra.

Bruno Rodríguez, representante de Soutomaior na Plataforma

Para a Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén ENCORO NON a solución pasa por un sistema de xestión da auga que poña en valor este ben, cada vez máis escaso, e que fomente un uso responsable do mesmo, con políticas de concienciación cidadá, sendo solidarios e comezando polo aforro fronte ao despilfarro xa que estamos en tempos de evidente cambio climático.

Insisten en que “antes de tan sequera formularse obras de tal envergadura e calado, non só polo investimento millonario que suporían senón sobre todo pola desfeita medioambiental que producen, habería que resolver algunhas cuestións como o uso da auga reciclada para o rego dos xardíns e o baldeo das rúas en vez de empregar auga potable, resolver as perdas nos sistemas de abastecemento obsoletos que deixan polo camiño máis dun 30% da auga ou arranxar en condicións a depuradora do Casal que é incapaz de traballar cando o encoro de Eiras baixa do 40% da súa capacidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará