Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle o Sector Nacional Infantil Feminino de balonmán

277107367_1760359900825685_6647155039094667395_n

Este ano o Club SAR Rodavigo é o patrocinador oficial do Sector Nacional Infantil de balonmán. Celebrarase no Pavillón da Bomboneira do 2 ao 5 de xuño. Durante estas xornadas o conxunto redondelán enfrontarase aos mellores equipos de toda España entre os que se atopan o equipo vasco Kukullaga Etsebarri, o asturiano Villanueva Siero “A”  ou o  valisoletano Hand Vall Valladolid.

O Equipo Infantil Feminino SAR Rodavigo ven de gañar a Liga e a Copa Galega de forma consecutiva. Como campioas galegas serán as anfitrioas de equipos que veñen do País Vasco, Valladolid, Asturias e Canarias. O Presidente do Club, Aurelio Krook, conta que este vai ser un campionato moi emocionante no que se medirá a forza das xogadoras.

2O primeiro partido é contra o Kukullaga”, conta Aureliano.

Aureliano Krook espera que o Pavillón da Bomboneira estea cheo esta fin de semana. Anima a afección a apoiar as xogadoras que son o futuro da canteira. Serán partidos moi intensos e competitivos pero que servirán tamén para establecer lazos e amizade entre as distintas comunidades.

“A afección ten que animar máis que nunca”, conta o presidente.

Unha competición deste nivel conleva un esforzo extra de xestión para a administración do club, xa que implica ofrecer as necesidades de aloxamento e dietas a un número moi elevado de rapazas. Durante os 4 días que dura o evento aloxaranse xuntas nun albergue de Redondela onde poderán convivir e compartir unha experiencia moi completa que inclúe actividades como unha visita guiada a Meirande.

“Ofreceremos o mellor trato posible o tempo que estean en Redondela”, explica Krook.

O presidente agradece de forma especial o patrocinio de Rodavigo e o comercio local, xa que considera que traer un sector de fora implica uns gastos moi elevados que non poderían asumir sen apoio.

“O patrocinio do comercio local é moi importante”, expresa o presidente.

Do 2 ao 5 de xuño celebrase un dos eventos máis importantes para o club SAR Rodavigo, unha cita obrigada para todas e todos os afeccionados o balonmán.

Partidos do Sector Nacional Infantil Feminino

Xoves 2

20:30h SAR Rodavigo vs Kukullaga Etsebarri.

Venres 3

18h Kukullaga Etxebarri vs SPL Tiñosa Pto del Carmen

20h Villanueva Siero “A” Vs Hand Vall Valladolid.

Sábado 4

18h SAR Rodavigo vs SPL Tiñosa PTO Del Carmen

20h Hand Vall Valladolid vs Villanueva Siero A.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará