Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Festival Sinsal pon a venta as entradas de día tras esgotar os abonos en cuestións de horas

sinsal

Hoxe luns pódense adquirir en Enterticket as entradas de día para Sinsal SON Estrella Galicia 2022. Serán tres xornadas de contacto coa natureza e de directos estimulantes, con propostas musicais contemporáneas e diversas en canto a estilo e orixe das bandas, aínda que cun cartel secreto que parece non desanimar a ningún afeccionado á música, que en cuestión de horas esgotaron os abonos que permitían o acceso aos tres días do festival.

Artistas locais, nacionais e internacionais nun cartel secreto que non se dará a coñecer ata o propio día das actuacións. Con esa premisa o próximo mes de xullo regresa a Illa de San Simón o festival Sinsal SON Estrella Galicia. Este ano celebra a súa vixésima edición os días 22, 23 e 24 de xullo.

Un programa descoñecido e completamente distinto para cada un dos días e que nesta edición presenta como principal aliciente o feito de que o 90% das bandas asistentes tocarán por primeira vez en Galicia.

As entradas de día, que se poñían a vendas ás 11:00 horas de hoxe inclúen, ademais do acceso aos concertos secretos na illa de San Simón, o transporte en barco até a mesma desde o litoral. Como é habitual no Sinsal, estableceranse diferentes prezos en función da idade (maiores ou menores de 16 anos) e embarcadoiro de saída.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará