Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER amosa a súa sorpresa pola negativa do BNG a apoiar os orzamentos

pleno

A Agrupación de Electores considera que este “atasco orzamentario” débese a falta de responsabilidade política tanto do grupo municipal do PSOE como do BNG. Lembran que o rexeitamento dos orzamentos no pleno de onte, ao votar en contra dos mesmos tanto PP como o Bloque, obriga ao concello a “seguir cuns orzamentos prorrogados dende a época do PP de Javier Bas”.

AER urxe explicacións ao Goberno, por entender “que debería ter chegado ao Pleno cos deberes feitos para conseguir o apoio necesario e unha estabilidade que beneficie a toda a veciñanza”. Pero tamén ao BNG, ao considerar que ten que explicar que estiveron a negociar nestes últimos meses e como non foron quen de acadar compromisos por parte do goberno local. Engaden que os argumentos dos nacionalistas para votar en contra son que estes orzamentos non teñen a sensibilidade social que cabe esperar dun goberno supostamente progresista polo que lles preguntan que “medidas aportou o BNG para facer máis “sociais” estes orzamentos e, nese suposto, por que as rexeitou o Goberno”.

“O que se nos fai aínda máis difícil de entender -continúan desde a Agrupación- é que o BNG votara xunto co Partido Popular en contra das necesidade da veciñanza”; e recordan que “isto non é a primeira vez que ocorre, só hai que lembrar que PP-BNG estiveron de acordo para aprobar unhas asignacións económicas aos grupos municipais, aínda máis cuantiosas que as propoñía o goberno municipal”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará