Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un documental recolle o conflito vivido en Cesantes a raíz dun proxecto que buscaba criar ostras na praia

cesantes2

Foto cedida por Ana Rodríguez

“Ostras, o peche do mar” é o título do documental que, baixo a dirección de Fernando Cuchi Carreira recolle os feitos acontecidos a mediados do século pasado na praia de Cesantes para evitar a instalación dun proxecto de cría de ostras na zona. O documental elaborado polo obradoiro de Estudos locais Fernando Monroy de Cesantes presentarase o sábado 4 na Illa de San Simón.

Corría o ano 1955 cando o CSIC, Centro Superior de Investigacións Científicas decidía poñer en marcha un proxecto piloto de cara a criar ostras na praia de Cesantes. Unha iniciativa que buscaba aproveitarse das boas condicións existentes na enseada e que facían prever un bo rendemento en canto ao crecemento e viabilidade deste bivalvo. Así nolo explicaba o presidente do Obradoiro, Manuel Nieto

Con todo, as cousas non foron tan ben como esperaban os técnicos do CSIC, quen se atoparon coa postura en contra das mariscadoras da zona, xa que no lugar no que se quería instalar o parque de ostras era onde se extraía a ameixa, o longueirón e outros mariscos.

Nunha parcela de 4,5 hectáreas, segundo se recolle en documentación da época, estaba previsto instalar un “parque modelo” que debería funcionar inicialmente como planta piloto e posteriormente como escola de ostricultura. Con ese obxectivo procedeuse a limitar a parcela con estacas. Sen embargo, dúas semanas despois as estacas apareceron arrancadas e as caixas ostrícolas destrozadas, polo que se desistiu do proxecto.

Esa é a versión oficial, que tamén se recolle no documental xunto coas declaracións doutras persoas que viviron este feito de primeira man.

Un audiovisual que se presentará o día 4 de xuño en San Simón. As persoas interesadas en asistir poden retirar os billetes no Centro Cultural de Cesantes, na Farmacia da parroquia e no Café bar o Cafetín. En Redondela os billetes están a disposición das persoas interesadas no Multiúsos e no Café da Vila. Os barcos sairán dende o peirao de Cesantes ás 15:30 horas con regreso previsto para as 21:00 horas.

O Obradoiro contou coa colaboración do Concello de Redondela e a Deputación á hora de realizar esta actividade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará