Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG de Soutomaior retoma no barrio do Conde as reunións con veciños

souto

O portavoz municipal e os concelleiros acercaranse ao barrio para tratar as súas problemáticas cos veciños e coñecer de primeira man cal é a súa situación real.
O BNG de Soutomaior, unha vez a situación epidemiolóxica o permite, retoma a ronda de reunións con veciños dos distintos barrios do concello e desprazarase este xoves, 19 de maio, até o Conde co obxectivo de manter unha xuntanza ás 20,30 horas xunto á antiga camisaría
Despois de reunirse cos habitantes doutros barrios, e coas vistas postas a percorrer o resto de barrios de Soutomaior nos vindeiros meses, o grupo municipal retoma estas xuntanzas de carácter local para tratar as problemáticas de cada zona de Soutomaior e coñecer de boca dos protagonistas cal é a situación real de cada barrio do concello.
A reunión asistirá o portavoz municipal e deputado no Parlamento galego, Manu Lourenzo, ademais dos concelleiros nacionalistas que forman parte do Consistorio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará