Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CR Chapela conquista a XXXVI Bandeira Concello de Moaña de Traiñeiras

280418627_4877277335734172_3314656076857185798_n

O martes 17, coincidindo co día das letras Galegas, celebrouse a XXXVI Bandeira Concello de Moaña de Traiñeiras. O Club Remo Chapela-Wofco consegue dúas bandeiras de honra. A bandeira de honra feminina con vitoria final directa, sumando 6 puntos e a bandeira de honra masculina, con 8 puntos.

A competición foi difícil xa que o vento, a choiva e o frío estivo presente toda a regata. A xornada comezou coa liga de Veteranos en traiñeiras, e a vitoria foi para o equipo de Chapela-Wofco, seguido de Tirán-Pereira, Cesantes-Rodavigo, Esteirana e Rianxo.

Neste mesmo escenario, na enseada de Meira, celebrarase a próxima fin de semana o campionato Galego. O Club Remo Chapela-Wofco conseguiu clasificar tres embarcacións: O absoluto feminino, o  xuvenil masculino e o absoluto masculino.

Lembrar que o Campionato Galego estará televisado pola TVG grazas ao acordo entre  A Asociación Liga Noroeste, organizadora da Liga Galega de Traiñeiras, e a Televisión de Galicia.

Veteranos trainera:1.- Chapela, 14.17:32; 2.- Tirán, 14.27:54; 3.- Cesantes, 14.52:25; 4.- Esteirana, 15.03:41; 5.- Rianxo, 15.49:78.

Absoluto feminino: 1.- Cabo Cruz, 17.15:43; 2.- Chapela, 17.32:11; 3.- Tirán, 18.05:93; 4.- Cesantes, 21.00:52.

Juvenil masculino: 1.- Cabo Cruz, 15.37:68; 2.- Samertolaméu, 15.57:58; 3.- Chapela, 16.36:12.

Absoluto masculino: 1.- Cabo Cruz, 14.27:20; 2.- Chapela, 14.50:03; 3.- Samertolaméu, 15.11:72; 4.- Meira, 15.20:48; 5.- Tirán, 15.26:28.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará