Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fornelos amosa o seu rexeitamento unánime a un novo encoro no Oitavén

pazos

A Corporación Municipal do Concello de Fornelos vén de aprobar conxunta e unanimemente un acordo de rexeitamento ao encorno no Oitavén.  O Concello fará chegar este acordo ao Concello de Vigo, Xunta e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico e solicitará unha entrevista coa ministra Teresa Ribera.

No acordo plenario tamén se insta ao Concello de Vigo, á Xunta de Galicia e ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico á realización dunha auditoría de toda a rede de distribución para establecer o estado real da mesma de cara a reducir e evitar as perdas de auga, garantindo o abastecemento de auga ao Concello de Vigo.

Tamén se pide a realización das obras de mellora na rede de abastecemento de auga á cidade de Vigo e crear plans municipais de racionalización e aforro no uso da auga.

Finalmente, no acordo plenario se recolle “solicitar unha entrevista coa ministra de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico”, Teresa Ribera Rodríguez.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará