Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Campito non se rende

campito

O equipo de terceira división lograba unha importante vitoria esta fin de semana ante o Troula Betanzos. Son cuartos pola cola a tan só un encontro para pechar a tempada. Será o vindeiro domingo, unha final na casa do Sport Sala, quinto da categoría.

Campito Chapela 6-2 Troula Betanzos

Vitoria dos de Chapela esta fin de semana nun partido xogado no pavillón de Redondela ante o pechacancelas do grupo, o Troula Betanzos. Unha vitoria que os deixa con 28 puntos, a tan só un dos dous equipos que o preceden na táboa. O equipo tentará facerse cos puntos en xogo na cita que teñen o próximo domingo no campo do Sport Sala FS.

Pazos de Borbén 6-2 Valladares

En preferente Galicia temos tres encontros con protagonismo local.

O Pazos segue demostrando que non ten rival nesta categoría. Volvía vencer, neste caso ante o Valadares nun encontro que rematou co resultado de 6-2 a favor dos de Pazos que, con 76 puntos son líderes iindiscutibles. Na vindeira semana desprázanse ao campo do Marín futsal, quinto do grupo.

Verín Cigarrón 3-1 Redondela Maramar

O Redondela Maramar, aínda que a distancia, mantense como segundo da categoría malia caer esta fin de semana ante o Verín Cigarrón por 3-1

Arealonga Construcciones Castro 1-3 U.D.Coles

Derrota tamén para o Arealonga Construcciones Castro que caía 1-3 ante o Coles.

Na vindeira fin de semana temos derbi, un encontro que se disputará en Redondela entre os dous equipos, que parten dende posicións e necesidades ben diferentes. O Maramar como segundo clasificación e o Arealonga loitando dende a praza decimocuarta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará