Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os Maios regresan á rúa

maios

Un total de 19 Maios, tanto tradicionais como artísticos, participarán na Festa dos Maios que se celebra este domingo na Alameda de Redondela. Tras dous anos de ausencia por mor da Covid, a celebración regresa con forza nunha xornada na que non faltará a tradicional retranca das coplas e o ambiente festivo que acompaña a esta celebración da primavera. 

Iria Vilaboa, Concelleira de Cultura

Está previsto que os Maios participantes se instalen na Alameda Castelao ao redor das 11:00 horas do domingo. Un total de 19 son os que participan no concurso aos que hai que sumar algún máis como o elaborado polos usuarios do Centro de día de Cesantes. As interpretación no palco arrancarán media hora despois baixo a atenta mirada do xurado que terá que valorar a vestimenta e a interpretación que os participantes fagan das súas coplas.

Unhas estrofas cargadas de retranca e actualidade, onde non faltarán os versos dedicados aos políticos, as Tanxugueiras, o Rei emérito, os eólicos, a guerra en Ucraína e, apuntaba a concelleira de Cultura, incluso algunha con referencias ao raio que derrubou a cúpula do campanario da Igrexa de Reboreda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará