Hoxe é Luns 28 de Novembro de 2022
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela por conducir un cuadriciclo sen permiso e triplicar a taxa de alcohol permitida

aveida redondela

Os feitos producíanse na madrugada de onte en Chapela, concretamente na Avenida de Redondela nas proximidades do centro de saúde, cando un control da Policía Local dáballe o alto a este vehículo que conducía un veciños de Redondela de 49 anos de idade. No interior do vehículo atopáronse tamén sustancias estupefacientes.

Feita a correspondente probade alcoholemia o home deixaba un resultados de 0,75 e 0,67 mg/l aire expirado. Comprobouse ademais que este condutor carecía do permiso obrigado para conducir este tipo de vehículos, polo que foi denunciado por ter cometido un delito contra a seguridade vial.

No interior do mesmo, tamén viaxaba un varón o cal seria proposto para sanción a lei de seguridade cidadá por portar sustancias estupefacientes, en concreto, 4 papelinas de cocaina.

Accidente en Chapela

Por outra banda na xornada de onte sete persoas resultados feridas nunha colisión entres tres turismos que se producía ao redor das 16:15 horas na rúa José Fernández López, fronte a alameda da parroquia. Afortunadamente ningún dos implicados sufriu feridas de gravidade, malia que foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo.

O persoal médico que se desprazou ao lugar atendeu aos feridos que foron trasladados en ambulancia ao hospital.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará