Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR logra a vitoria ante o Forbe

sar

Foto: Patry Rivas

Partido complicado o que disputaron esta fin de semana os xogadores da Sar, onde o equipo de Redondela logrou facerse cos puntos en xogo tras vencer por 26-24 a o Forbe Reconquista de Vigo. Na primeira parte o encontro estivo moi igualado chegándose ao descanso cun marcador de 13-14. Xa despois do tempo de descanso os vigueses parecían querer escaparse no marcador pero faltoulles efectividade e sería no tramo final do partido cando a SAR estaría máis acertada, logrando a vitoria por 26-24.

O Rodosa, afundido no pozo da táboa volvía sufrir esta fin de semana unha derrota, neste caso ante o Seis do Nadal nun encontro que rematou co resultado de 25-28.

Na vindeira fin de semana a Sar xoga na casa do Calvo Xiria e o Rodosa faino no campo do Carballal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará