Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rexeitamento en Soutomaior e Pazos ante a construción dun novo encoro que afecte os ríos Oitavén e Verdugo

eiras

O Concello de Fornelos de Montes amósase “radical e rotundamente en contra dun novo encoro no río Oitavén para abastecer a Vigo”. Reacción tamén dende o BNG de Soutomaior, formación que solicitou un pleno extraordinario no seu concello en defensa do Rio Verdugo e para oporse ao seu transvasamento proposto pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil.

A proposta feita pública pola Confederación Hidrográfica del Miño-Sil de realizar unha nova presa no Rio Verdugo, así como unha captación para trasvases na confluencia dende o Rio Oitaven, tivo unha reacción inmediata nos concellos máis afectados.

O alcalde de Fornelos de Montes, Emiliano Lage, valorou moi negativamente a proposta recollida nun informe realizado pola empresa Prointec, no que se aposta pola creación dun novo encoro no río Oitavén como solución para abastecer de auga no futuro a Vigo e á súa zona de influencia.

Lage amosouse “radical e rotundamente en contra dun novo encoro no río Oitavén para abastecer de auga a Vigo porque suporía a morte definitiva do río e un atentado contra o patrimonio natural galego”. Ademais sinalou que non se tivo en conta para nada a opinión do Concello de Fornelos na elaboración dese estudio e anunciou que enviará sendas cartas de protesta ao Concello de Vigo, Xunta e ao Ministerio de Transición Ecolóxica para que quede ben patente a oposición a esta proposta.

Lage considera inadecuada esta solución polo “enorme impacto medioambiental negativo que terá no entorno do río Oitavén e polos prexuízos que esta medida traería desde o punto de vista da biodiversidade e tamén paisaxística xa que instalar un muro de formigón de 50 metros de altura e uns 300 metros de lonxitude sería unha agresión irresponsable que vulnera calquera directiva europea e as liñas que se marcan desde a Unión Europea neste sentido”.

En Soutomaior os primeiros en reaccionar foron os concelleiro do BNG quen xa solicitaron un pleno extraordinario para manifestar o seu total rexeitamento a esta actuación “os problemas e solucións de abastecemento de auga de Vigo non poden ir en detrimento do medio ambiente do noso concello e dos bancos marisqueiro do fondo da ría, hai centos de familias que dependen destes recursos e esta proposta tería consecuencias desoladoras para eles” explicou o parlamentario e voceiro do BNG , Manu Lourenzo.

“A rede de abastecemento de Vigo ten perdas superiores ao 30%, e lonxe de buscar solucionalo e facer unha xestión responsábel dos recursos hídricos como se fai en toda Europa, desde Vigo seguen defendendo propostas que terían terribles consecuencias medioambientais para a conca do Verdugo e económicas para o noso sector marisqueiro”.

O BNG non descarta mobilizarse contra esta proposta “na defensa do Verdugo, do medio ambiente e dos nosos bancos marisqueiros”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará