Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata a rehabilitación do antigo mercado de Moscoso

moscoso

A mellora contaba cun orzamento de 48.398.97 euros que foron financiados a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia

O Concello de Pazos de Borbén acaba de finalizar os traballos de substitución da cuberta da antiga praza do mercado da parroquia de Moscoso.A delegada territorial dá Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e a directora Xeral de Administración Local, Natalia Prieto Viso, visitaron xunto ao alcalde e varios membros do goberno local o edificio para comprobar o resultado da mellora.

A substitución da cuberta está motivada pola grave deterioración que esta sufriu durante o último inverno e que chegou a comprometer a seguridade da estrutura. Para evitar a súa posible caída e o colapso total do edificio, inutilizando ademais o resto de traballos de rehabilitación levados a cabo no interior do inmoble, o Concello solicitou a axuda urxente da Xunta de Galicia, que financiou o 100% dos traballos a través do Fondo de Compensación Ambiental.

A concelleira de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira destacou que esta mellora que ven protexer un edificio de alto valor histórico, social e sentimental continaura cunha segunda fase para a que xa se solicitou financiamento e que servirá para rehabilitar o interior así como concluír o novo edificio multiúsos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará