Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela perde a categoría nunha fin de semana para esquecer no balonmán local

balonmans chapela

O equipo de Chapela despediuse esta fin de semana da Pirimeira Nacional logo de caer ante un rival directo, o Galdar. Tampouco a Sar foi quen de superar ao Bueu e na División de Honra Prata Feminina, as de Verónica Posada perdían o encontro en terras Canarias.

Cicar Lanzarote 33- 27 Sar Rodavigo

As de Redondela asinaron un bo partido para finalizar a tempada, pero non foron quen de superar ao Cicar Ciudad de Arrecife, nun partido onde as canarias se xogaban a fase de ascenso. As de Redondela, garantida xa a permanencia, apostaron por unha defensa aberta. Rematan a tempada salvando a categoría no posto 9 da clasificación.

Na Primeira nacional tampouco houbo sorte para os equipos locais.

Bueu Atlético 28-21 Sar Plastic Omnium

O Bueu atlético impúsoxe á Sar Plastic Omnium e deixou selada a permanecia algo que aínda queda pendente para o conxunto de Redondela que seguirá pelexando no que queda de tempada. O partido foi dominado polo conxunto local e A Sar foi incapaz de facerse valer na segunda parte. A próxima cita será na casa ante un dos equipos fortes do grupo, o Forbe, situado na cuarta praza.

Galdar 34-24 Rodosa Chapela

Pola súa banda o Rodosa Chapela confirmou esta xornada o seu descenso de categoría, tras caer derrotado ante o Galdar. Partido tremendamente complicado no que non tiveron opción. Malia que xa sen nada en xogo, a competición continúa e na próxima xornada xogan en Chapela onte reciben ao Seis de Nadal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará