Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela roza os 300 casos activos

Papeleiras 02

A evolución da pandemia continúa a alza en toda a comunidade, sendo a área sanitaria de Vigo a máis castigada e Redondela un dos municipios máis afectados cun incremento de casos que non deixa de medrar. Os últimos datos da Consellería de Sanidade actualizan esa cifra en 297 persoas, cunha incidencia acumulada próxima aos mil casos por cada cen mil habitantes o que mantén ao noso concello en risco moi alto de Covid-19. Unha situación igual de preocupante é a que atravesa o concello veciños de Soutomaior con 82 casos.

A menos de dúas semanas para as festas do Nadal a situación empeora e non deixan de incrementarse o número de persoas contaxiadas por Coronavirus. Se hai unha semana eran 152 e o venres 235, hoxe temos que falar dun cómputo que ascende a 297. Unha cifra que non para de medrar e que xa levou a cancelar algúns dos actos culturais previstos para este semana en Redondela (a Gala das Mulleres da Illa que se ía celebra este sábado e se pospón ata despois do Nadal e a presentación da revista da Asociación Lenda prevista para o venres).

Unha situación moi semellante é a que se vive no resto da comunidade, con máis de 12.000 casos activos tras unha xornada con máis de mil contaxios. En total hai 12.221 persoas con coronarivus en Galicia. Por áreas sanitarias a de Vigo segue a ser a que suma máis casos: 3.885 seguida da de Ourense. En canto á presión hospitalaria, esta segue aumentando e xa hai case 300 persoas ingresadas, 49 en UCI e 243 en planta.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará