Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O incremento de contaxios leva a Redondela ao nivel alto de restricións

hostalaría

A partir do sábado haberá que presentar unha proba negativa de Covid ou certificado de vacinación para consumir no interior dos locais de hostalaría. As reunións de non conviventes estarán prohibidas ente as 01.00 e as 06.00 horas.

Un total 48 concellos estarán a partir do sábado no nivel alto de restricións. É o caso de Redondela e as localidades veciñas de Soutomaior e Mos. A cidade de Vigo, que xa estaba neste nivel, tamén segue con restricións altas. Tamén se incorporación ao nivel alto A Coruña, Lugo, Santiago e Ferrol. Así, as sete maiores cidades do país terán limitacións de nivel alto, xa que Vigo, Ourense e Pontevedra xa as teñen nestes momentos.

Sitúanse xusto no chanzo inferior ao nivel máximo, en que haberá a partir do sábado doce concellos. Son as vilas de Muros, Baiona, Burela, Foz, Viveiro e Monterroso incorpóranse a ese nivel máximo, no que xa estaban Boiro, O Barco, Cambados, Meaño, O Grove e Sanxenxo.

Certificado de vacinación ou test negativo para entrar nos locais

Os locais de lecer nocturno deben pechar en concellos de nivel alto, como é o caso de Redondela, e nos de nivel máximo. Só as terrazas poden abrir até a unha.

No resto da hostalaría os clientes deberán presentar un certificado de vacinación, un test negativo de Covid ou documento que acredite que xa pasaron a enfermidade. Este requisito será necesario para consumir no interior de bares, cafeterías ou restaurantes, pero non nas terrazas. O aforo dos locais mantense como ata agora, con 50% tanto no interior como nas terrazas.

Límite de reunións

En todos os concellos, tanto en espazos públicos como privados, o máximo son seis persoas en interior e dez en exterior. Esta cifra pode superarse (non nos locais de hostalaría) se se trata da mesma unidade de convivencia ou de dúas. A maiores, os concellos de nivel alto, como Redondela, e os de nivel máximo, teñen prohibido reunións de persoas non conviventes entre a unha e as seis da madrugada. Esta limitación redúcese en concellos de nivel medio ou medio-baixo a entre o tres e as seis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará