Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños e confrarías mobilízanse contra a contaminación de Aucosa

AucosaVerquido

Colectivos veciñais, plataformas en defensa da ría e confrarías convocan este sábado dúas manifestacións simultáneas “contra os cheiros pestilentes e os verquidos de Aucosa”. Levan anos denunciando os incumprimentos ambientais desta auxiliar conserveira situada no litoral de Cabanas, onde fabrican fariñas e aceite de peixe. A pasada semana o pleno da corporación de Redondela aprobou unha moción, proposta polo BNG, na que solicita á Xunta a revisar de oficio a Autorización Ambiental Integrada desta factoría “para non prorrogala”. Desde a empresa e os grupos do PP e o PSOE entenden que esta solicitude “non ten razón de ser porque a nova normativa da Xunta de Galicia establece agora que as autorizacións ambientais xa non son temporais, senón definitivas, polo que non hai revisións”. Con todo, os veciños entenden que esta lexislación é “interpretable”. Mar Albá, voceira da comisión de veciños afectados, sinala que o cambio na normativa “é posterior a maio de 2013, cando se deu a licencia a Aucosa, polo que non debería aplicarse”. Albá advirte que seguirán esixindo á Xunta que anule a licencia e anuncia que acudirán aos tribunais se é necesario.

Mar Albá, voceira da Comisión Veciñal de Cabanas, Rande, Chapela e Redondela

A Comisión Veciñal de Cabanas, Rande, Chapela e Redondela leva anos denunciando os incumprimentos de Aucosa en materia ambiental e urbanística. Xa remitiron á administración autonómica dúas solicitudes para que revise o permiso ambiental da fábrica. A primeira, porque se trata dunha licenza “nula” xa que a actividade de Aucosa está considerada “nociva e insalubre” polo que é “incompatible” coa normativa urbanística do Concello de Redondela. A segunda solicitude fai referencia “aos numerosos incumprimentos da fábrica”. Albá apunta que a autorización ambiental obriga a Aucosa a facer un mapa de olores que a empresa non realizou, tamén supera o caudal de auga que pode verquer ao saneamento municipal, ademais de facer verquidos directamente á ría. Outro incumprimento grave é, segundo os afectados, a instalación dunha planta de gas licuado “que non estaba incluída no proxecto”, polo que entenden que existe unha modificación “sustancial” da factoría que obrigaría a tramitar unha nova autorización ambiental.

Albá explica os reiterados incumprimentos de Aucosa en materia ambiental

Por todos estes motivos a Comisión Veciñal de Cabanas, Rande, Chapela e Redondela, xunto coa Plataforma en Defensa da Enseada San Simón, Confrarías da ría de Vigo e agrupacións de Mariscadores convocan unha protesta por mar e terra. Advirten que “non pararán” ata que Aucosa cese a súa actividade en Cabanas e sexa trasladada “a unha zona industrial axeitada e cumprindo coa normativa europea”.

A manifestación por terra e mar será este sábado a partir das 12.00 horas

A mobilización será o sábado, día 8 de maio, ás 12.00 horas tanto marítima como por terra. Por mar fan un chamamento para que os participantes acudan con embarcacións de calquera tipo (barcos, piraguas, lanchas, veleiros, etc) á zona de Aucosa, e por terra a concentración será na estrada de acceso á fábrica.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará