Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A fibra óptica chegará a todos os barrios de Soutomaior este ano

fibra-optica

Todos os barrios e núcleos de poboación de Soutomaior terán conexión ultrarrápida a internet antes de que remate este ano 2021. Así o anunciou o alcalde, Agustín Reguera, tras a aprobación dos plans para o despregamento das redes de dúas operadoras de telecomunicacións no municipio, Telefónica e a galega Aurea, que ofrece o seu servizo a nivel comarcal.

A instalación da rede de Telefónica xa se atopa en curso nos barrios de Arcade de Xesteira, Ou Conde, Arcade de Riba e A Devesa. Do mesmo xeito, en Soutomaior está a instalarse nos barrios de Moreira e Aranza e ao longo do ano farase nos de Alxán, Comboa, Cortellas, Lourido, A Montesiña, Pedreira, Rial, Romariz, Sobral e Val.

No caso da rede da operadora Aurea, a instalación chegará a Sobral, Val, Lourido, Rial, Romariz, Pedreira, Comboa, Arcade de Riba, A Montesiña, Alxán e a periferia do núcleo urbano de Arcade.

Desde o Concello confían en que os prazos de instalación cúmpranse sen problemas xa que ambos os plans de despregamento apenas inclúen obras para a instalación das novas liñas. Así, a instalación da rede de fibra de Telefónica farase de forma paralela á rede de cobre existente mentres que a rede de Aurea colocarase exclusivamente de forma aérea a través de postes telefónicos.

Reguera indicou que ao do ano “xa se irá notando a implantación e as operadoras comezarán a ofrecer fibra óptica nos núcleos rurais”. Trátase dunha gran noticia para o rexedor, xa que “coa situación actual, ter unha conexión rápida a internet é fundamental para poder teletraballar”. No Concello confían en que antes do 31 de decembro “practicamente o 100% dos fogares do municipio poidan acceder a estas conexións ultrarrápidas”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará