Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aucosa segue traballando malia estar prohibida a entrada de materia prima na planta

aucosa

Na mañá de hoxe foi necesaria a intervención do axente de Medio Ambiente logo de que os veciños alertaran da entrada de material nesa empresa. O Concello tramitará agora o correspondente informe á Xunta de Galicia para avisar do incumprimento. Lembramos que a Dirección Xeral de Calidade Ambiental solicitara a colaboración do concello tras decretar a prohibición temporal de entrada de materia prima na empresa “ata a instalación dos novos equipos que eliminen os malos cheiros”.

Unha colaboración que na mañá de hoxe levou a actuar ao Policía local adscrito a Medio Ambiente logo de detectarse a chegada de camións a Aucosa. Explica o edil Roberto Villar que xa en días anteriores se constatara movemento no interior da empresa “os veciños denunciaran coceduras e cheiros”, pero non sería ata esta mesma mañá cando se confirmou que seguía chegando material malia estar prohibido.

Un incumprimento por parte da dirección da empresa que será posto en coñecemento  da Xunta, que é quen ten competencia no asunto logo de decretar esa medida provisional encamiñada a obrigar a Aucosa a instalar os equipos necesarios para eliminar os cheiros.

Villar fala da prohibición de introducir materia prima

En todo caso Villar insiste en que “os prexuizos que esta planta causa na veciñanza non se reducen aos cheiros das coceduras, tamén a chegada de camións con esa materia prima e a súa descarga provoca malos olores e iso só se vai solucionar cando a empresa abandone o litoral de Redondela”.

As molestias non rematarán coa instalación de novos equipos

Neste sentido é tallante “chegará algún momento no que Aucosa teña que deixar a zona, non ten sentido que empresas que non reciben o material por mar estean asentadas  na costa”, aínda que tamén puntualiza que esa decisión está nas mans de Xunta e non do Concello.

A vontade do Concello é que a empresa abandone a zona
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará