Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Escasa afluencia de público nunha feira que recupera o seu recinto tradicional

O recinto está sinalizado cun sentido único de circulación

O mercado ao aire libre de Redondela regresou onte, día 21, ao seu lugar habitual no aparcadoiro do campo da feira e a explanada de Seragua. Os postos de venda mantiveron a distancia de seguridade, cun sentido único de ciculación, dispensadores de xel hidroalcólico e uso obrigatorio de máscara. Con todo, o problema para os vendedores non non son as medidas antiCovid, senón “a escasa afluencia de público”.

O inicio do curso escolar nos colexios e institutos da zona de Santa Mariña, co conseguinte incremento do tráfico, impide empregar a avenida Mendiño para instalar postos da feira, tal como se viña facendo ao longo do verán. Unha medida que fora adopatada polo Concello para ampliar a superficie e permitir unha maior separación entre os postos. Onte luns, día 21, o mercado quedou restrinxido ao seu recinto tradicional, no aparcadoiro do campo da feira e a explanada de Seragua. A organización dos postos permite manter a distancia de seguridade, e tamén se establece un sentido único de circulación para evitar o cruzamento de persoas, con entradas e saídas delimitadas. Os accesos contan con dispensadores de xel hidroalcólico, e é obirgatorio o uso de máscara. Voluntarios de Protección Civil, que velan polo cumprimento das normas, sinalan que “todo o mundo respecta as normas e mantense o distanciamento social”. O maior problema para os vendedores non son precisamente as medidas de seguridade adoptadas, senón a escasa afluencia de xente á feira. Explican que a clientela “escasea”, tanto polo medo a posibles contaxios como pola crise económica que está a provocar a pandemia. E o certo é que hai veciños que habitualmente se achegaban a mercar á feira, e agora reduciron estas compras “para evitar agomeracións”. Pola contra outras veciñas, como Maribel, si se animan a mercar na feira. Entende que a limitación da feira ao seu recinto tradición é normal xa que “non se pode pechar a avenida Mendiño porque necesitan circular os vehículos para os colexios”. Apunta que a separación dos postos está ben, aínda que os clientes “non sempre respectan a distancia social”, e vería ben instalar algúns postos “pola Alameda Castelao”.

Os vendedores da feira lamentan a escasa clientela
O medo ao contaxio e a crise económica reducen a afluencia de público a este mercadiño
Veciñas como Maribel, que mercan na feira, propoñen a instalacións de postos pola Alameda Castelao
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará