Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Artelixo desconfínase coa “Dracona” protectora

RR_Noticias

Despois de ter adiado a edición que estaba prevista para finais de abril, por mor da alerta sanitaria da COVID-19, o ArteLixo 2020 volve á rúa. Faino coa exposición de obras en rúas da vila e das parroquias, escaparates do comercio local e tamén no Multiúsos da Xunqueira. Unha das novidades deste ano é a restauración do mural da Coca situado na parte traseira da igrexa de Redondela desde hai máis de dúas décadas.

Unha das artistas que realizou o mural a finais do pasado século, Lucía Titán, foi a encargada de restauralo, coa axuda doutros artistas locais. A “reinaguración” tivo lugar onte domingo, e a artista agradeceu que, despois de case 30 anos, esta obra que estaba “esquecida”, volva recuperar o seu esplendero grazas á iniciativa do Artelixo e a colaboración do Concello de Redondela. A autora explicou que o mural, baseado na lenda da Coca, mostra unha “Dracona”, unha gardiá protectora da xente que habita no fondo da ría de Vigo. Na reinauguración do mural presentouse a edición deste Artelixo, que contará con actividades e exposicións que desde onte e ata o próximo 14 de xuño acollen diferentes rúas e prazas de Redondela, pero tamén en diferentes parroquias do municipio. As obras de arte feitas con material de refugallo estarán tamén en moitos comercios locais, e na sala 2 do Multiúsos da Xunqueira. O lema deste ano é a “pegada” que a humanidade deixa no planeta cos os gases de efecto invernadoiro. Na lectura do manifesto deste Artelixo 2020, os organizadores lamentan a “capacidade destructiva da especie humana”. Este certame artístico e reivindicativo quere ser unha chamada de atención sobre un sistema que prima o consumo e destrúe o planeta. Lembra que hai tamén “xente sensible” que loita por dárlle a volta a esta situación, fomentando a reducción de residuos, a reutilización e a reciclaxe. O certame, organizado na actualidade polo colectivo Artelixo coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Redondela, retoma tamén a sección “O Arte non ten cancelas”, que consiste en convidar a artistas a que interveñan un portal ou xanela fóra de uso coa imaxe dunha rata, símbolo do Artelixo, feitos con diferentes técnicas. Volve tamén á rúa a “Poesía para peóns”, coa escrita de poemas polos pasos de peóns de Redondela.
Concerto clausura en Reboreda
A xornada de clausura do certame, o 14 de xuño, presentarase na parroquia de Reboreda o disco de “Artelixo”, un proxecto froito de varios anos de traballo. Trátase dun conxunto de cancións coa colaboración de varios grupos locais coas que se busca concienciar aos veciños “sobre a importancia da xestión do lixo e do consumo responsable”. Un CD con 37 cancións de diferentes estilos musicais no que se involucraron máis de 200 persoas.
O Artelixo tamen traballa na edición dun libro cos textos que recibiron para o ParnaLixo Confinado, un libro no que participan máis de vinte poetas e que se repartirá xunto co CD. Ducias de poemas asinados por plumas como Francisco Castro, Emma Pedreira, Tatán, Manolo Pipas, Uxía, Antolin Pulido, Luz Airado Bello, Ricardo de Barreiros, Olga Nogueira, Xoan Alonso ou Olih, entre outros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará