Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Necesitamos darlle visibilidade ao suicidio para axudar as persoas en situación de risco

RR_Noticias

“É preciso falar do suicidio, porque é unha realidade que se mantén oculta, que segue sendo tabú, malia que cada ano se cobra a vida de centos de persoas en Galicia”. Así o entenden na Asociación Lenda que neste 10 de outubro, data na que a prevención do suicidio centra os actos do Día Mundial da Saúde Mental, fan un chamamento a acabar cos mitos que xiran en torno ao suicidio. Falamos coa psicóloga e directora do centro ocupacional, Maica Álvarez e con Jaime Figueroa, membro da Xunta directiva de Lenda.

O Día 10 de outubro é a data na que se conmemora o Día Mundial da Saúde Mental, unha oportunidade para concienciar e mobilizar á poboación en cuestións relativas a saúde mental e que, nesta edición, está centrado na prevención do suicidio. “Faltan datos, faltan protocolos e faltan medidas de actuación para evitar as centos de mortes que cada ano se producen en Galicia por suicidio”. Dende a Asociación Lenda puxeron en marcha unha campaña a través das redes que busca concienciar e alertar sobre os mitos que rodean a esta traxedia que non respecta idades e que está moi presente tamén no día a día en Redondela. As cifras que manexa o Instituto galego de Estatística fala de que no ano 2016 suicidáronse en Galicia 341 persoas. Con todo, este dato podería estar moi afastado da realidade xa que a día de hoxe o suicidio segue a ser tabú, a ocultarse, é un feito do que non se fala e en torno ao cal hai moito mitos que é preciso derrubar para poder axudar a todas esas persoas con risco suicida. “Falar sobre suicidio pode incitar a cometelo”, “quen o di non o fai e quen o fai non o di”, “a maioría dos suicidios suceden sen advertencia previa”… estas son tan só algunhas das afirmacións falsas que rodean este mal que deixa un regueiro de vítimas cada día en todo o estado. Entenden en Lenda que o primeiro que hai que facer é visibilizar, falar do suicidio “de xeito responsable e respectuoso” porque é unha conduta que pode previrse pero para iso hai que estar atentos, saber que se pode actuar e aprender a pedir axuda tamén por parte de aqueles que detecten na súa contorna a algunha persoas que presente unha conduta de risco. E, por suposto, acudir a profesionais. Neste sentido tenden a man “Lenda está aberta a todas aquelas persoas que queiran facer calquera consulta sobre o tema”.  

Maica Álvarez psicologa de Lenda
Necesario falar do suicidio
Indicios
Hai algunhas pistas que nos poden poñer en alerta dunha posible situación de risco
Jaime Figueroa Lenda
Mitos que hai que derrubar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará