Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A burbulla do aluguer e os pisos turísticos complican o acceso á vivenda en Redondela

RR_Noticias

Á xente nova complícaselles cada vez máis a posiblidade de independizarse. Á precariedade dos emprego e os salarios baixos, súmaselle en Redondela a escasa oferta de vivendas en aluguer. Aseguran que os pisos son poucos, e caros, e que cada vez son máis os propietarios que optan polo aluguer túristico a pereginos.

Segundo os datos do Ministerio de Fomento, o prezo medio do aluguer en Redondela é de 3,8 euros o metro cadrado. Sen embargo, estes datos chocan coa realidade. Os veciños aseguran que os prezos dun piso na localidade oscilan entre os 400 e os 450 euros, segundo a superficie da vivenda. Isto supón unha media por riba dos 5 euros por metro cadrado. Fátima xustifica estes altos prezos pola escaseza de oferta, e a situación “privilexiada” de Redondela, a medio camiño entre Vigo e Pontevedra. Eduardo, que vive “en carne propia” os poblemas do aluguer en Redondela, confirma que hai moi pouca oferta de vivendas en aluguer, e que a pouca que hai é “moi cara”. Ademais polo xeral son pisos vellos, xa que non hai case vivenda nova na vila. Alejandra coincide tamén no diagnóstico, hai poucos pisos en aluguer e os que hai “son caros, vellos e sen praza de garaxe”. Aos mozos, polo xeral “mileuristas”, faíselles moi complicado independizarse, xa que os incremento dos salarios non vai acorde ao incremento dos alugueres. Por iso o único xeito de poder facer fronte aos gastos dunha vivenda é “compartindo piso, coa parella ou amigos”. A situación complicouse aínda máis desde hai dous anos polo auxe dos pisos turísticos. O incremento dos peregrinos que fan o camiño de Santiago Portugués e o da Costa, que conflúen en Redondela, levou a moitos propietarios a optar por esta modalidade. Prefiren alugar o piso a peregrinos, por unha ou dúas noites, que facelo para todo ano como residencia. O rendemento que lle poden sacar a un piso turistico, a razón duns 60 euros por noite, pode superar os 1.200 euros o mes. Moi por riba do alguer como residencia habitual, que ronda entre 400 e 450 euros. Isto supón un problema engadido para aqueles que buscan unha residencia de aluguer en Redondela, xa que “reduce aínda máis a oferta de vivenda e encarece os prezos”, como apuntan Javier e María. A opción de mercar un piso tmapouco se contempla na maioría dos casos, porque a oferta tamén é moi escas e os prezos elevados. Outra alternativa que está a cobrar adeptos é a de alugar unha casa nalgunha das parroquias do municipio. Xaime asegura que o prezo é “moito máis barato” coa vantaxe de contar cunha vivenda “moito máis ampla”, o que permite compartila “sen que supoña problemas de convivencia”. Segundo os datos de Fomento, a provincia de Pontevedra é a máis cara de Galicia para alugar un piso, cun recibo medio de 5 euros o metro cadrado, fronte aos 4,7 da Coruña, 4 de Ourense e 3,5 de Lugo. Tamén é na de Pontevedra onde o mes sae máis caro aínda que a superficie media dos pisos é menor, e chega a 439 euros ao mes de media. Na Coruña son 426, en Ourense 384 e en Lugo 336.

Escasa oferta e moita demanda
Fátima xustifica estes altos prezos pola escaseza de oferta e a situación "privilexiada" de Redondela.
Pisos vellos e caros
Alejandra sinala que hai poucos pisos en aluguer e os que hai "son caros vellos e sen praza de garaxe".
Pisos turísticos para peregrinos
Eduardo explica que a situación complicouse aínda máis desde hai dous anos polo auxe dos pisos turísticos para peregrinos.
Problemas de vivenda
Os propietarios obteñen máis ingresos co aluguer a peregrinos polo que a oferta para residencia habitual diminúe e os prezos soben.
As casas nas parroquias como alternativa
Xaime asegura que moitos optan por unha casa nas parroquias da contorna. O prezo é máis barato e dispoñen dunha superficie maior.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará