Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela denuncian a “deshumanización” da Avenida de Vigo

RR_Noticias

Perigo para os peóns que cruzan na glorieta da baixada a Pescanova, falta de vexetación e problemas de aparcamento son algúns dos problemas que denuncia a Asociación de Veciños de Chapela. Entenden que a única solución para evitar esta situación é eliminar o tráfico pesado desta estrada cun via alternativa polo litoral que conecte coa AP-9.

  A remodelación da Avenida de Vigo non convence aos veciños. O presidente da asociación, Marcial Pérez, sinala que se trata dunha “deshumanización”, xa que lonxe de dar máis seguridade aos peóns, os obriga a cruzar atravesando unha rotonda sen ningún tipo de protección. O paso de cebra, xunto á Alameda de Chapela, ten máis de vinte metros de lonxitude nunha zona cun elevao tránsito de camións que acceden á zona industrial situada na costa de Chapela. Pérez entende que a única solución posible pasa por “eliminar o tráfico pesado da zona”. Os veciños levan anos demandando un vial alternativo polo litoral que conecte as empresas coa autoestrada AP-9, nun tramo que segundo o compromiso de Fomento será de balde. Outro problema que se agravou coa reforma da rúa é a falta de aparcamento. As obras de humanización eliminaron ducias de prazas de estacionamento na zona, e desde o Concello anunciárase que se crearían zonas alternativas para poder aparcar os vehículos. Os veciños advirten que polo de agora non existen eses novos aparcadoiros, e critican que se fagan as obras “antes de atopar unha solución para os problemas que xeneran” A asociación de veciños advirte que se trata dunha importante zona comercial e de hostalaría da parroquia, ademais do mercado, e a falta de prazas de estacionamento está a prexudicar aos negocios.

Pte. AA.VV Chapela Marcial Pérez
O colectivo veciñal explica algunhas das deficiencias que atopan nas obras
Falta estacionamento
Denuncian que faltan zonas de aparcadoiro logo das eliminadas polas obras de humanización

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará