Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG solicita ao pleno unha posición unánime en contra do proxecto comercial para Porto Cabral

RR_Noticias

A instalación deste macrocentro comercial no monte comunal de Liñeiriños-Cabral suporía un golpe moi duro para o  sector do pequeno comercio e de proximidade, coa perda estimada duns 6.000 empregos, un problema que afectará a Vigo pero, especialmente, ao pequeno comercio dos concellos limítrofes, como no caso do concello de Redondela. Un dos sectores da nosa economía local vería comprometido o seu futuro tal e como tamén denunciaban dende a propia Asociación de Empresarios do noso concello, motivo polo que reclaman ao pleno que se inste á Xunta a aprobar unha motaroia de dez anos na concesión de licenzas para grnades áreas comerciais.

Explican no Bloque que coinciden coa plataforma en defensa do comercio local, recentemente constituída, en que esta tema é un problema para todos os concellos da contorna de Vigo  xa que afectará, en termos xerais, a uns 20.000 negocios. As grandes áreas comerciais ademais de arrasar co comercio local, contribúen á perda de postos de traballo , fomentando a precarización do emprego no sector comercial.
A xuízo do BNG existen moitas razóns para desbotar un proxecto especulativo como o denominado “Porto Cabral” que pasan polas súas repercusións medioambientais ao ocupar
600.000 m2 de monte na parroquia viguesa de Cabral, urbanísticas porque utiliza a planificación urbanística para favorecer a especulación e a desfeita do territorio, no canto de  promover unha ordenación racional e a protección dos usos sociais do monte e económicas pola destrución do tecido económico local que provocan as grandes superficies comerciais, que ademais levan a maior parte dos seus beneficios para fóra de Galiza.
Por estes motivos solicitan ao Pleno que se inste á Xunta de Galiza a aprobar unha moratoria de dez anos na concesión de licenzas para grandes áreas comerciais e a desenvolver un plan sectorial de equipamentos comerciais en Galiza, a xeito de ordenar a oferta comercial e a defensa do comercio de proximidade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará